Monday 29 de April de 2024

A saúde bucodental centrou varias charlas dirixidas ao alumnado no Día Mundial Sen Tabaco


Aproximadamente 140 alumnas/os de tres centros educativos do termo municipal (CEP Pilar Maestú Sierra, CEP Salustiano Rey Eiras e IES da Pobra do Caramiñal) recibiron na xornada deste 31 de maio, Día Mundial Sen Tabaco, charlas da man do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia sobre cuestións de prevención de saúde bucodental, con especial atención nos problemas que ocasiona o tabaco.

O estudantado participante tamén recibiu unha serie de agasallos para o coidado dos seus dentes e, ademais, efectuouse o sorteo dun cepillo eléctrico entre as/os asistentes de cada clase participante.

Unha serie de coloquios organizados pola Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra). Así mesmo, esta actividade enmárcase na iniciativa Praias sen fume impulsada pola Xunta, a cal neste 2021 terá continuidade no concello e entre cuxos obxectivos se atopan promocionar unha vida sen tabaco e non normaliza-lo consumo do tabaco na sociedade. A referida campaña tamén inclúe unha xincana no campamento de conciliación que se desenvolve durante o verán, ademais de que a praia dos Areos figura na Rede galega de praias sen fume.